Text view
A araña e a tartaruga
Author | Sara Rodríguez Alonso |
---|---|
ATU | 60 |
Language | Galician |
Origin | Ghana |
Un día, a araña Anansi recolleu algunhas verduras moi gordas e saborosas do seu xardín. Enfornounas con moito coidado e ulían moi ben. Non podía agardar para sentarse a comer.
Nese momento alguén chamou a súa porta. Era Tartaruga, que estivera viaxando todo o día e estaba moi cansada e famenta.
"Hola, Anansi", dixo Tartaruga. "Levo camiñando durante tanto tempo, e ulín as verduras máis deliciosas que xamas ulira. ¿Sería tan amable de compartir o seu xantar comigo?
Anansi non podía negarse, porque era costume no seu país compartir o xantar cós visitantes á hora de comer. Pero isto non o facía moi feliz, porque é un pouco ambicioso e quería as verduras deliciosas para el só. Así que Anansi meditou un pouco e armou un plan.
"Por favor, entra Tartaruga. Será unha honra terte como invitado esta noite. Séntate, aquí tes unha cadeira, e sérvete."
Tartaruga entrou e sentouse, pero cando estiven a punto de saborear unha verdura, Anansi gritou: "Tartaruga, ¿non sabes que é de mala educación sentarse á mesa cóas mans sucias?"
Tartaruga viuse as mans e viu que estaban sucias. Estivera gateando todo o día e non tivera oportunidade de lavalas. Entón, levantouse e foi o río para limparse os pés. Andou, lento coma todas as tartarugas, todo o camiño ata a casa e cando volveu Anansi ya comezara a comer.
"Eu non quería que estas verduras saborosas se arrefriaran, así que tive que comezar", dixo Anansi. "Pero por favor, únase a min agora, Tartaruga".
Tartaruga sentouse de novo e tomou unha verdura, pero de novo Anansi gritoulle.
"Tartaruga, ¿non me oiches antes? ¡Non é cortés sentarse á mesa cóas mans sucias!"
Mirou cara abaixo e viu que as súas mans limpas volvéranse a ensuciar, xa que tivera que arrastrarse sobre elas para volver á casa. Entón, camiñou cara o río unha vez máis a lavarse. E cando regresou esta vez tivo a precaución de camiñar sobre a herba para que as súas mans se mantiveran limpas. Pero cando chegou á mesa, Anansi xa terminara todas as verduras saborosas e non quedaba nin un bocado.
Tartaruga mirou a Anansi por un momento e logo dixo: "Gracias por compartir o seu xantar comigo. Se algunha vez se atopa preto da miña casa, por favor, permítame devolverlle o favor". E logo, lentamente, saíu pola porta e seguiu o seu camiño.
Os días pasaron e Anansi pensou máis e máis no xantar que a tartaruga lle ofrecera. O seu interés nunha cea de balde medraba, e, finalmente non puido soportalo máis. Púxose en marcha un día para atopar a casa da Tartaruga
Encontrou a Tartaruga tomando o sol na beira dun río xusto á hora do xantar.
Tartaruga levantou a vista e viuno e dixo: "Hola Anansi, ¿viñeches a compartir a cea comigo?"
"¡Oh, si, si!" dixo Anansi, que con cada minuto que pasaba volvíase máis famento. Tartaruga foi baixo a auga a súa casa para preparar a mesa para a cea. Logo subiu á beira e dixo: "O teu lugar está agardándote e o xantar está listo. Por favor, sígame, Anansi."
E logo sumerxiuse e comezou a comer lentamente.
Anansi saltou á auga, pero non puido chegar ata o fondo do río. Tratou de nadar cara o fondo, pero era tan lixeiro que o seu corpo subía cada vez á superficie.
Tratou de mergullarse e tratou de nadar de costas. Intentou un salto correndo, pero nada le axudaba a chegar ata o fondo do río.
Mentres tanto, a tartaruga mastigaba lentamente o seu xantar.
Anansi non ía renunciar a un xantar de balde, e foi ata a beira preguntándose que ía facer. Por último, tivo unha idea. Empezou a agarrar pedras e rocas e meteunas nos petos da súa chaqueta.
Así, cando se meteu na auga fundiuse ata o fondo e foi capaz de ocupar o seu lugar na mesa.
A mesa era un banquete composto de deliciosas comidas. Anansi non podía crer a cantidade de comida saborosa que estaba diante súa e non podía agardar para comezar.
Pero así como chegou o primeiro bocado, Tartaruga deixo de comer e falou: "No meu país, non usamos chaquetas na mesa."
Anansi deuse conta de que Tartaruga quitárase a súa chaqueta antes de sentarse. Anansi comezou a quitarse a chaqueta, e tan pronto se desprendeu dos seus ombreiros, saíu despedido de novo á superficie. Meteu a cabeza na auga e viu a Tartaruga, alí abaixo, gozando lentamente de aquel banquete marabilloso.